InicioPolíticaO goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

Tras a problemática coas festas de Coia, o Goberno de Vigo resalta que fará cumplir a legalidade vixente, con críticas do PP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de urxencia para dar explicacións sobre a tramitación dos permisos para a celebración de festas na cidade, tras a polémica coas autorizacións a feirantes e a comisións de festas, e subliñou que o goberno local fai cumprir a legalidade.

O grupo do PP presentara unha moción urxente para o seu debate no pleno ordinario deste luns, na que reclamaba explicacións polos problemas que están a ter as comisións de festas para celebrar os eventos. O portavoz do grupo ‘popular’, Miguel Martín, lembrou que o Concello negou autorizacións en base a unha normativa que xa o ano pasado estaba vixente, sen que se puxesen problemas para a instalación de atraccións.

Tras o anuncio da comisión de festas de Coia de que non podería celebrar os actos previstos, e o posterior acordo co Concello para levar a cabo as festas (co compromiso de que a administración local sufragará as perdas polas atraccións que non cumpran a normativa e non poidan instalarse), Miguel Martín preguntou que pasará co resto de eventos previstos, como as festas de Bouzas. “Pagará o Concello con fondos públicos a incompetencia do goberno local?”, cuestionou.

Finalmente, lembrou que “o que incumpriu a lei foi o propio Concello” o ano pasado, ao non revisar que as atraccións non autorizadas non se puxese en funcionamento. E lembrou que, entre elas, estaba o Saltamontes no que se produciu un accidente cun mozo falecido en agosto, unha atracción que o Concello “non precintou”. Pola súa banda, o BNG trasladou a súa posición favorable a debater esta moción, para que o goberno local dese “explicacións” sobre a tramitación dos permisos ás festas, e reclamou que o Concello “debe dar solucións e non crear máis problemas”.

Con todo, a proposta non foi debatida no seu contido finalmente, xa que o PSOE votou en contra da urxencia. O portavoz do goberno municipal, Carlos López Font, acusou ao PP de “estar situado na ilegalidade” e de “conspirar para que non houbese festas en Coia”. O edil socialista lembrou que finalmente haberá festexos en Coia e tamén se celebrarán o resto de eventos emblemáticos do verán vigués, “sempre dentro da legalidade”.

ÚLTIMAS

Axentes interveñen nunha pelexa entre pais tras unha discusión dos seus fillos

Axentes da Policía Local, con apoio de efectivos da Policía Nacional, interviñeron nunha pelexa...

Un acertante de ‘A Primitiva’ gana máis de 1,2 millóns de euros en Vigo

O dono dun boleto de 'La Primitiva' validado en Vigo percibirá máis de 1,2 millóns...

Detido un veciño de Nigrán tras supostamente agredir á súa parella por non facerlle a cea

Un home, de Nigrán e 44 anos de idade, foi detido na noite deste...

Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: “Teresa somos todas”

Preto dunhas 200 persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir un...