InicioSucesosUn home detido por unha suposta agresión á súa parella

Un home detido por unha suposta agresión á súa parella

O home foi detido o pasado mércores tras un aviso da súa parella, que afirma que sufriu un intento de asfixia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado mércores a un veciño da cidade, de 30 anos de idade, J.D.L., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella en presenza dos seus dous fillos menores. Os feitos ocorreron pasadas as 19.30 horas, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un domicilio da Travesía de Rosario. Unha vez alí, os axentes escoitaron berros, golpes e prantos de nenos, polo que accederon á vivenda.

Alí entrevistáronse cunha muller que lles relatou que a súa parella o día interior tentara asfixiala, e que momentos antes a golpeou contra a parede, agarrándoa polo pelo. O interior do domicilio estaba todo revolto, e a muller presentaba rojeces na cara e un negrón no pescozo. O suposto autor da agresión atopábase nunha das habitacións, en estado de nerviosismo e recoñeceu que tiveran unha discusión, sendo detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...