InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo outorga a licenza para construír o novo insituto...

O Concello de Vigo outorga a licenza para construír o novo insituto do barrio de Navia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello finalmente outorgou licenza á Xunta para a construción do novo instituto no barrio de Navia.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor dixo que o goberno local aprobou unha acción urbanística que supón un reparcelamento do polígono 2, necesaria para levar a cabo dita infraestrutura.

“Todo aquilo que tiña que facer o Concello xa está feito”, sinalou Caballero, indicando que agora é a Xunta quen ten que iniciar a obra.

Todo isto tras anos de demoras e leas entre ambas as administracións, acusándose mutuamente de atrasar os trámites necesarios para construír o instituto de Navia. Finalmente, este venres, o Concello deu ‘luz verde’ ás licenzas que se necesitaban.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...