InicioDeportesO Pavillón Pablo Beiro de Bouzas prepárase para ofrecer o mellor kárate...

O Pavillón Pablo Beiro de Bouzas prepárase para ofrecer o mellor kárate este sábado

A entrada, nesta 20º edición do Trofeo Cidade de Vigo de kárate, é totalmente gratis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes da nosa cidade, Manel Fernández, presentou este xoves o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, que se celebra este sábado (17:00 horas, Pavillón Pablo Beiro de Bouzas), e que un ano máis patrocina o Concello e organiza a Asociación Deportiva Zanshin.

Acompañado polo presidente da Asociación Deportiva Zanshin, Fernando Álvarez, e os karatekas sénior Óscar Sánchez, Sheila Álvarez e Sergio Pérez, ademais do xuíz Alfonso Rodríguez, o concelleiro pediu á cidadanía que se achegue ao campionato, que terá entrada de balde: “É un evento que vai encher de alegría, paixón e ilusión o polideportivo boucense”, sostivo Fernández.

Vigo é kárate/ Miguel Núñez

A organización confirmou a participación duns 80 karatecas, dende categoría infantil a sénior, nas modalidades de kata e kumite (masculina e feminina) e kobudo (por equipos mixta), coa presenza de entidades deportivas de Galicia, Madrid, Asturias e Cantabria entre clubs e colexios. “É un novo peldaño para a difusión e promoción do kárate en Vigo”, afirmou o concelleiro.

Fernando Álvarez, presidente da asociación viguesa, lembrou que o evento, iniciado no ano 2000, cumpre a súa maioría de idade nesta vixésima edición (houbo dous nun mesmo ano). E faino coa boa nova da recuperación de Sheila Álvarez para a competición.

Vigo é kárate/ Miguel Núñez

Ademais do Zanshin, do Okinawa e do Traviesas e dos colexios San Salvador de Teis e Compañía de María, competirán o Lorenzo Parra (Madrid), Shotokan (Santander), Shotokan (Oviedo) e Mizukami (Ribadavia).

“Cada ano tentamos ser un pouquiño mellores”, sinalou Álvarez. Tódalas modalidades disputaranse por sistema de liguiña e o dirixente aposta polos seus karatecas para revalidar título (Óscar Sánchez, kumite) e para gañalo (Sheila Álvarez, kata).

Vigo é kárate/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...

A CIG denuncia a falta de persoal médico en centros sanitarios da área de Vigo

O sindicato CIG-Saúde denunciou este luns a falta de persoal médico en varios centros...