InicioSociedadeO TSXG rexeita que os comuneiros de Cabral se fagan cunha leira...

O TSXG rexeita que os comuneiros de Cabral se fagan cunha leira con 4 casas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral, en Vigo, contra unha sentenza que lle negaba facerse cun terreo no que existen catro vivendas nas proximidades de Peinador.

A resolución da Audiencia, que non é firme, baséase noutro fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que devolveu a catro empresas do Gorxal as súas propiedades despois de que un xulgado de primeira instancia decidise que tiñan que deixalas en mans da comunidade de montes.

Agora a Audiencia volve cuestionar, do mesmo xeito que o TSXG, a validez do plano de 1891 no que os comuneiros sosteñen habitualmente as súas reclamacións, explicando que o chan urbano non pode ser monte.

Nun comunicado enviado pola Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes, o avogado da familia afectada, Jesús López, subliñou que a Audiencia “consolida con esta sentenza a súa máis recente xurisprudencia, indicando que non se pode tomar de forma acrítico planos de hai un século e medio se non veñen acompañados dunha proba de aproveitamento real polas comunidades de montes”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...