InicioEconomíaMedio Ambiente aproba o proxecto de cámping de caravanas de Navia, en...

Medio Ambiente aproba o proxecto de cámping de caravanas de Navia, en Vigo, ao non supor “efectos adversos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aprobou o proxecto de cámping de caravanas do barrio vigués de Navia, en Vigo, ao considerar que non suporá “efectos adversos” para o medioambiente.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o anuncio polo que se fai público o informe de impacto ambiental desta iniciativa, no que se recolle que non se considera necesario sometela a unha avaliación de impacto ambiental ordinaria xa que “non son previsibles efectos adversos significativos”.

“Este informe de impacto ambiental emítese sen prexuízo da obrigación do promotor de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que resulten legalmente esixibles”, recolle a Consellería. Ademais, engade que o visto e prace desta avaliación de impacto ambiental simplificada vén condicionada ao cumprimento das condicións que se recollen ao longo da resolución e que foron analizadas.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...