InicioSucesos"As comisións non teñen por que saber se as atraccións teñen autorización...

“As comisións non teñen por que saber se as atraccións teñen autorización ou non”, di o avogado da de Matamá

A comisión de festas de Matamá pide o arquivo do caso Saltamontes para a entidade: "Non houbo nin falta administrativa". O presidente da entidade agradece o apoio dos veciños: "Axudan a sacar ánimos de onde non os hai"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A defensa da comisión de festas de Matamá, en Vigo, pediu o sobresemento libre da entidade e do seu presidente e o arquivo da causa para eles, investigados tras o falecemento dun mozo no accidente do Saltamontes: “Non se cometeu nin unha falta administrativa. Moito menos un delito”.

Así o sinalou este xoves o seu avogado, Xabier Alonso, ante os medios de comunicación nunha xornada na que Cristian Álvarez tivo que acudir a xunto o xuíz como investigado polo suceso. A pesar de que se acolleu ao seu dereito a non declarar, a seu defensa si atendeu á prensa, informando de que hai uns días enviouse un escrito para solicitar o sobresemento libre do presidente e da asociación, subliñando que a petición da acusación particular “non ten fundamento legal”.

Para el, trátase dun problema entre o titular da atracción e o Concello. “A comisión non ten nada que ver nin intervén nin lle afecta se lle conceden ou non esa licenza”, reivindicou, apuntando ao “caos” que existe, ao seu xuízo, no Concello, en como se entenden ditas licenzas. “Non as acaban de entender correctamente“, dixo, lembrando que hai un dobre réxime de declaración responsable e de licenza e “levan todo por declaración responsable”.

O avogado defendeu que as comisións de festas non teñen por que saber se as atraccións teñen autorización ou non, é unha “extralimitación”. Así, fixo un chamamento para que a lexislación concrete esta situación, asegurando que a intención da normativa é outorgar menos responsabilidade ás comisións porque “non se benefician de nada” e non teñen por que ser profesionais do sector. “Quen ten que asumir o réxime autorizatorio con todas as consecuencias son os profesionais”, sentenciou.

PRESIDENTE

Pola súa banda, o presidente da comisión de festas, Cristian González, tamén se parou a falar cos medios de comunicación. A pesar de non querer entrar a comentar o caso, si agradeceu aos compañeiros da entidade e aos veciños da parroquia viguesa de Matamá o seu apoio, porque lle permite “sacar ánimos de onde non os hai”.

Tras indicar que é difícil acudir ao xulgado e lembrar o ocorrido na madrugada do 3 de agosto, el lamentou que esta situación lle afecta en “todo”, tanto á súa vida persoal como laboral, porque “non é capaz de pensar e saír adiante”.

Preguntado sobre se este ano organizarán as festas, González dixo que a súa intención é “continuar” e ver que se pode facer, reivindicado as verbenas galegas para “manter a tradición”, a pesar de que nesta ocasión é “doloroso” e “costa máis”.

Por outra banda, o avogado da moza que resultou ferida o suceso, Francisco Méndez, mostrouse “defraudado” ao non recibir “respostas” por parte de Cristian González, esperando a que o Concello envíe a documentación para saber se acudiu a Policía Local a comprobar que as atraccións non funcionasen e insistindo en pedir a declaración dos responsables do goberno local.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...