InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo acusa a Caballero de aprobar o PXOM cunha...

O BNG de Vigo acusa a Caballero de aprobar o PXOM cunha “manobra antidemocrática”

Para o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, esta decisión ten unha "clara intención de minimizar o debate público e limitar a participación cidad

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou este martes a “manobra antidemocrática” do alcalde, Abel Caballero, para aprobar o plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de forma “clandestina e exprés”.

Nun comunicado, os nacionalistas rexeitaron a “opacidade e falta de transparencia” coa que o goberno municipal pretende terminar a tramitación da novo PXOM, tras anunciarse un pleno extraordinario para dar luz verde a este documento despois do pleno ordinario do mes, que se celebrará o vindeiro luns, día 26 de maio.

Para o portavoz do Bloque, Xabier Pérez Igrexas, esta decisión ten unha “clara intención de minimizar o debate público e limitar a participación cidadá”.

“Aprobar un documento tan transcendental nunha sesión exprés, case clandestina, é unha falta de respecto á cidadanía”, lamentou Igrexas, acusando a Abel Caballero de elaborar unha PXOM “na escuridade dos despachos” e priorizando “os poderosos intereses dos de sempre” fronte ás necesidades “reais” dos vigueses.

A pesar de que a idea do goberno local é celebrar este pleno extraordinario o luns en horario de mañá, o BNG solicitou que se faga a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal, para facilitar a asistencia aos veciños.

Ademais, pediu tamén quendas para os partidos políticos de ata 15 minutos para que exista unha “discusión real”. “A aprobación definitiva da novo PXOM non pode ser despachada de forma exprés nin ocultada á opinión pública”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...