InicioCulturaA banda de rock estadounidense The Black Keys actuará no auditorio de...

A banda de rock estadounidense The Black Keys actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o 21 de xullo

A banda de rock estadounidense The Black Keys actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 21 de xullo, nun concerto enmarcado dentro do programa Vigo en Festas organizado polo Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda de rock estadounidense The Black Keys actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 21 de xullo, nun concerto enmarcado dentro do programa Vigo en Festas organizado polo Concello. O alcalde, Abel Caballero, anunciou a duodécima confirmación dos concertos deste verán, cunha “banda fantástica” formada en 2001 por Dan Auerbach (voz e guitarra) e Patrick Carney (batería).

Sendo un dos grupos máis populares do “garage rock” na década de 2010, contan con 8,7 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Únense así ao resto de artistas que visitará Castrelos este verán: Ana Belén (12 de xullo); Gente de Zona (17 de xullo); Trono (18 de xullo); The Black Keys (21 de xullo); Rozalén (24 de xullo); Coral Casabranca (26 xullo); Vanesa Martín (31 de xullo); Ópera A Traviata (1 de agosto); Jason Derulo (3 de agosto); Ópera Turandot (9 de agosto); UB feat. Ali Campbell (15 de agosto), e India Martínez (16 de agosto).

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...