InicioVigo e contornaVigoCaballero acusa ao BNG de "atacar" Vigo por oporse á nova A-52...

Caballero acusa ao BNG de “atacar” Vigo por oporse á nova A-52 que é “respectuosa co medio ambiente”

Caballero recriminou a Néstor Rego "que recomende investir os 398 millóns noutros proxectos fóra de Vigo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores o “ataque” á cidade do BNG e do seu deputado Néstor Rego, que nunha iniciativa no Congreso pediu a retirada do proxecto para ampliar a A-52 cun túnel, e acusou aos naciolistas de estar “contra Vigo” cun discurso baseado en “mentiras”.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor sinalou que a iniciativa defendida por Néstor Rego este martes “é un novo ataque do BNG, coa posición tácita similar á do PP, contra a cidade de Vigo”. Para Caballero, o BNG “tentou que o Goberno parase a autovía A-52 (…) expondo mentiras e falsidades”.

Segundo defendeu Caballero, o proxecto do túnel para ampliar o viario “é enormemente respectuoso co medio ambiente” e supón unha mellora no tráfico, porque distribúe os fluxos desde a saída do túnel e facilita un novo acceso “digno e conveniente” para toda a parroquia de Bembrive, entre outras melloras. Caballero recriminou a Néstor Rego “que recomende investir os 398 millóns noutros proxectos fóra de Vigo”.

Con respecto ao PP (que se abstivo no Congreso), que tamén defende que libere de peaxe a AP-9 entre Vigo e O Porriño, o alcalde lembroulles que a autoestrada “non é gratis porque o PP ampliou a concesión”, e insistiu en que liberar ese tramo “non é alternativa” á autovía en túnel, porque alonga o percorrido e os tempos.

“OS ÚNICOS” QUE DEFENDEN “A MELLOR SAÍDA”

Fronte ás críticas do rexedor, a presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, constatou que “moito lle molesta” a Caballero que os ‘populares’ pidan unha autovía “cun trazado respectuoso co territorio” ou que pidan a gratuidade dese tramo de autoestrada para evitar a sinistralidade na A-55. “Por que? Porque somos os únicos que defendemos a mellor saída, respectando a parroquias como Bembrive”, engadiu.

Ademais, lembrou que o propio Abel Caballero pediu en 2018 ao Goberno entón presidido por Mariano Rajoy, que se liberase de peaxe a AP-9 nese tramo mentres non había unha autovía nova, algo que “non se atreve” a pedir agora a Pedro Sánchez. “O PP de Vigo mantén inalterable a súa postura. Dicimos si a unha autovía cun proxecto compatible co territorio, e si á gratuidade da AP-9 como solución inmediata para evitar as curvas de Tameiga”, remarcou.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...