InicioSucesosDetidas en Vigo cinco persoas nun operativo antidroga incautándolles estupefacientes e medicamentos...

Detidas en Vigo cinco persoas nun operativo antidroga incautándolles estupefacientes e medicamentos falsificados

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse a finais do pasado ano, ao terse coñecemento da existencia dun grupo dedicado á venda de cocaína e outras drogas a consumidores locais de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela desarticularon unha organización dedicada á distribución de estupefacientes e medicamentos falsificados, nun operativo que se saldou con cinco detidos e a realización de tres rexistros na cidade olívica.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse a finais do pasado ano, ao terse coñecemento da existencia dun grupo dedicado á venda de cocaína e outras drogas a consumidores locais de Vigo. Os delincuentes distribuían os estupefacientes en diferentes puntos da cidade, e tamén nos domicilios dos clientes, cando estes o requirían por vía telefónica.

Así, os axentes comprobaron que, diariamente, os distintos membros do grupo realizaban múltiples vendas de pequenas doses.

Membros da UDYCO, con apoio de efectivos da UIP, procederon este xoves á detención dos sospeitosos, e realizaron tres rexistros en domicilios vinculados á organización.

Neses rexistros incautáronse de 300 gramos de heroína, cocaína lista para a súa distribución, así como outras drogas. Os investigadores interviñeron ademais 10.000 pastillas de medicamentos falsificados, utilizados como potenciadores sexuais, así como uns 50 gramos de cocaína azul.

Tamén foi intervido máis dun quilogramo de sustancias de corte, varias básculas e máquinas de envasar ao baleiro, unha pistola simulada e 2.800 euros en efectivo. A investigación continúa aberta e non se descarta a práctica de futuras detencións.

Os detidos pasaron este venres a disposición do xulgado de instrución número 3 da cidade, que decretou a súa posta en liberdade, investigados por un suposto delito contra a saúde pública.

Como medidas, a xuíza impúxolles a retirada dos pasaportes, a prohibición de saída do territorio nacional e a obrigación de comparecer semanalmente no xulgado.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...