InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo pide prohibir os pisos turísticos porque agravan a...

O BNG de Vigo pide prohibir os pisos turísticos porque agravan a “emerxencia habitacional”

O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, pediu este mércores que se actúe con "celeridade" para tratar de reverter este "fenómeno ultraespeculativo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo propuxo prohibir novas vivendas de uso turístico na cidade durante os próximos 5 anos para pór freo á subida de prezos dos alugueres xa, que ao seu xuízo, agravan a “emerxencia habitacional”.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, pediu este mércores que se actúe con “celeridade” para tratar de reverter este “fenómeno ultraespeculativo”.

Segundo alertou, desde 2018 creáronse máis de 2.000 pisos turísticos en Vigo á vez que os prezos dos alugueres non pararon de crecer, así como as esixencias de acceso por parte dos propietarios.

“O Concello non pode permanecer máis tempo impasible mentres a especulación engole a vivenda, encarecendo os prezos a niveis insoportables e expulsando a moitas familias traballadoras e a mozas que non se poden permitir seguir vivindo na súa propia cidade”, defendeu Igrexas.

Por iso, o BNG proporá no próximo encontro da xerencia de Urbanismo a creación dunha comisión para elaborar unha ordenanza municipal que permita regular e restrinxir os pisos turísticos.

“A propia xurisprudencia establece como imprescindible dotarse dunha norma específica, como xa fixeron outras cidades”, afirmou o portavoz do Bloque.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...