InicioVigo e contornaVigoCaballero reclama á Xunta o terreo dos antigos xulgados para crear dotacións...

Caballero reclama á Xunta o terreo dos antigos xulgados para crear dotacións municipais

A Xunta de Galicia, pola súa banda, mantén que ese edificio foi transferido polo Estado en propiedade e sen vinculación de destino, e que tanto a parcela como o edificio foron dados de alta no Inventario Xeral de Bens e Dereitos de Galicia, "sen condicionamento de ningún tipo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta de Galicia que devolva o terreo onde se asentaban os antigos xulgados da rúa Lalín, e onde a Xunta proxectaba construír un centro de asociacionismo, que agora esta paralizado despois de que o Concello revogase a licenza de obra outorgada un par de meses antes.

O conflito por estes terreos xurdiu a principios deste ano, cando o goberno municipal comunicou publicamente que suspendía a licenza outorgada no mes de novembro. Nese momento, o goberno de Abel Caballero xustificou que, tras conceder ese permiso, tivo coñecemento de que o titular do chan é o Concello.

A Xunta de Galicia, pola súa banda, mantén que ese edificio foi transferido polo Estado en propiedade e sen vinculación de destino, e que tanto a parcela como o edificio foron dados de alta no Inventario Xeral de Bens e Dereitos de Galicia, “sen condicionamento de ningún tipo”. De feito, lembrou o goberno galego, por esa inmoble a Xunta estivo pagando IBI ás arcas municipais (máis de 41.000 euros en 2024).

Á espera de que se aclare a titularidade dese terreo, o goberno municipal insistiu en que debe ser devolto para que o Concello constrúa alí dotacións municipais, un proxecto do que, polo momento, non se coñecen detalles.

Este martes, Abel Caballero sinalou que esas dotacións servirán para “atender á xente de Coia, de Navia e de Bouzas”, e que contarán cun auditorio e unha sala de concertos. Así mesmo, o rexedor afeou á Xunta que actúe “coma se todo fose deles”: “Teñen unha caradura política inmensa”.

Segundo matizou o rexedor, ante a denuncia da Xunta de que o goberno municipal quere impedir o seu proxecto e un investimento de 24 millóns de euros, non se trata de que o Concello non permita á administración autonómica construír aí, senón que reclama o chan para facer o seu propio proxecto.

Hai uns días, a Xunta informou de que, en vista da paralización da actuación, vese abocada a resolver o contrato que tiña coa empresa que se ía a encargar da reforma do edificio.

Así, lamentaba ter que tomar a decisión en vista de que o Concello non respondeu ás alegacións presentadas en febreiro, e tendo en conta que, para a dita actuación, había comprometidos fondos propios e fondos europeos. Ademais, apuntaba que debe actuar así ante a previsión de que de que este conflito acabará nos tribunais, e ata que non se resolva.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...