InicioSucesosPetición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha...

Petición de catro anos de cárcere para unha muller por ameazar cunha pistola a un coñecido en Vigo

A pistola utilizada pola acusada, que era da súa propiedade, estaba modificada e tiña as inscricións limadas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 4 anos e 1 mes de prisión para unha muller acusada dun delito de ameazas e outro de tenencia ilícita de armas, que supostamente ameazou cunha pistola a un coñecido, e que será xulgada este xoves na sala do Penal 2 da cidade olívica.

Os feitos ocorreron na madrugada do 7 de abril de 2024, na vía pública, cando a acusada e a vítima estaban a ter unha conversión sobre un coñecido común. Nun determinado momento, a acusada propinoulle ao home unha puñada nunha orella e logo, co ánimo de amedrentalo, sacou unha pistola do peto da súa cazadora.

A continuación, colocoulle o canón da arma na tempa e logo no pescozo e, finalmente, realizou un disparo ao chan, sen chegar a causarlle ao home ningún tipo de lesión. A vítima renunciou expresamente ao exercicio de accións penais ou civís por estes feitos.

A pistola utilizada pola acusada, que era da súa propiedade, estaba modificada e tiña as inscricións limadas. A muller non tiña licenza para ter armas nin permiso, nin documentación algunha sobre a devandita pistola.

Por estes feitos, a Fiscalía atribúelle un suposto delito menos grave de ameazas, e un delito de tenencia ilícita de armas, e pide que sexa condenada a un total de 4 anos e un mes de cárcere. Igualmente, reclama que se lle prohiba achegarse ou comunicarse co home ao que ameazou por un período de 3 anos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...