InicioEconomíaEmpregados de mantemento do centro Vialia de Vigo denuncian "insultos e ameazas"

Empregados de mantemento do centro Vialia de Vigo denuncian “insultos e ameazas”

Os traballadores e traballadoras tamén reclaman a subrogación dos seus postos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores de mantemento do centro comercial Vialia de Vigo e delegados da CIG concentráronse este xoves para esixir a subrogación do persoal e para denunciar “insultos e ameazas” por parte do encargado da actual concesionaria do servizo, Vectalia.

Os portavoces da CIG na empresa sinalaron que, desde a posta en marcha do centro comercial en 2021, os traballadores sofren un clima laboral marcado polas “malas formas”, os “insultos e ameazas” e mesmo a obrigación de desenvolver labores que non están entre as súas funcións.

Ademais, sinalaron que se produciron recortes no servizo e nas condicións laborais que aumentaron a “explotación” dos traballadores encargados do mantemento. “Traballamos sen cuadrante, non podemos coller vacacións, pasaron de pagarnos 25 euros polos domingos a 3 euros, facemos traballos tóxicos e penosos sen cobrar o plus correspondente, non pagan horas extras e mesmo hai xente á que se lle debe diñeiro”, aseguraron.

Estes incumprimentos provocaron a presentación de varias denuncias ante Inspección de Traballo, e mesmo unha denuncia de acoso contra o encargado (na sentenza resultou absolto, aínda que o xuíz entende que hai un clima laboral conflitivo).

A CIG advertiu de que o que ocorre responde a “unha estratexia da dirección do propio centro comercial Vialia para desfacerse das persoas traballadoras que consideran conflitivas porque reclaman os seus dereitos laborais”.

ÚLTIMAS

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...

Abel Caballero pide ao Ministerio que Vigo sexa sede do Mundial 2030 tras a saída de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este luns coa ministra de Educación, Formación...

Abel Caballero destaca o “moi bo comportamento” do turismo en Vigo durante febreiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou a "moi boa ocupación hoteleira" da cidade...