InicioSociedadeCiencia cidadá: convidan á cidadanía para crear o primeiro banco nacional de...

Ciencia cidadá: convidan á cidadanía para crear o primeiro banco nacional de area de praia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) impulsou Iberarenum, un proxecto de ciencia cidadá que convida a persoas de todas as idades a crear o primeiro banco nacional de area de praia de toda a Península Ibérica.

Financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, o proxecto presentouse este mércores cunha recollida de mostras realizada por alumnos de 3º de ESO do CPI Cova Terreña de Baiona, dando así o pistoletazo de saída oficial a unha iniciativa colaborativa que permitirá recoller mostras de area de diferentes puntos da xeografía galega e ibérica.

Á presentación acudiron, entre outros, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o director do CIM, Daniel Rey. Este último dixo que a iniciativa buscar achegar o coñecemento científico e a importancia da sedimentología mariña á sociedade nun contexto de cambio climático.

El animou aos estudantes a vivir a experiencia con ilusión xa que, “cada mostra colleitada non é só area, é unha pequena historia sobre a costa, sobre como se formaron as praias, sobre os ríos e mares que moldearon o territorio”.

Pola súa banda, Vázquez Almuiña mostrouse satisfeito de que o CIM elixise Baiona para presentar este proxecto e eloxiou a implicación do instituto na iniciativa.

Segundo recolle o Diario da Universidade (DUVI), a idea é que calquera persoa, grupo educativo ou asociación poida contribuír a Iberareum, seguindo as instrucións dispoñibles na web, onde atoparán unha guía de recollida de area, ademais dunha unidade didáctica para centros educativos e un formulario de participación.

Así, reivindican que as praias son ecosistemas en constante cambio debido a factores como o clima ou as características xeolóxicas da súa contorna. A análise da area axuda a comprender a súa evolución, os impactos do cambio climático e permite unha mellor xestión sustentable dos recursos costeiros.

“A ciencia non é algo alleo á cidadanía, senón que require a colaboración de todos para avanzar. Iberarenum é un claro exemplo de como a participación social pode achegar valor ao coñecemento científico”, sinalou Daniel Rey.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...