InicioSociedadeUn dos detidos no operativo antidroga de Teis irá a prisión por...

Un dos detidos no operativo antidroga de Teis irá a prisión por requisitorias pendentes

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pasaron a disposición do xulgado os tres homes, mentres que as súas parellas quedaron libres en sede policial

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 1 de Vigo decretou a posta en liberdade do tres homes detidos no barrio vigués de Teis este mércores (as tres mulleres detidas quedaron libres en sede policial), aínda que un deles deberá ingresar en prisión, aínda que se debe a que ten dous requisitorias xudiciais pendentes por outras causas.

Así, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pasaron a disposición do xulgado os tres homes, mentres que as súas parellas, as tres mulleres que tamén foron detidas por supostamente vender droga nun piso da Avenida de Buenos Aires, quedaron libres en sede policial.

Con respecto aos feitos investigados, a maxistrada acordou a posta en liberdade destes tres homes, que son irmáns, investigados por un delito contra a saúde pública (polo mesmo delito están investigadas tamén as mulleres, que son as súas parellas). Así mesmo, impúxolles a obrigación de comparecer ante o xulgado cada 15 días.

No entanto, a maxistrada acordou que un deles ingresará en prisión, xa que lle constan dous requisitorias xudiciais: unha da Audiencia Provincial de Pontevedra, por un delito contra a saúde pública; e outra dun xulgado do Penal de Lugo, por non regresar ao centro penal tras un permiso.

A detención do seis investigados produciuse o pasado mércores, cando tamén levou a cabo a entrada e rexistro do domicilio no que viven, como ‘okupas’, xunto a tres menores e un can. No rexistro interviñéronse diversas cantidades de cocaína, heroína e haxix, así como diñeiro en efectivo.

Os veciños denunciaron que levan polo menos un ano soportando as actividades delituosas destas persoas, cunha trasfega constante de compradores de droga e problemas de convivencia.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...