InicioSucesosCitan como investigado o propietario da atracción de feira que tivo un...

Citan como investigado o propietario da atracción de feira que tivo un accidente mortal o verán pasado en Vigo

Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo citou a declarar como investigado ao propietario do Saltamontes no que se produciu o accidente mortal nas festas da parroquia viguesa de Matamá na madrugada do 3 de agosto do ano pasado.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) consultadas por Europa Press, o xulgado citou para declarar ao home en calidade de investigado.

Foi na madrugada do venres para o sábado, 3 de agosto, cando un mozo de 36 anos faleceu nas festas de Matamá, en Vigo, tras romper un brazo dunha atracción de feira e quedar encaixado na estrutura.

O home, veciño da cidade olívica e natural de Viana do Bolo, estaba acompañado dunha muller, que saíu ilesa do accidente.

A partir de aí, comezou unha investigación xudicial para esclarecer o ocorrido, imputándose agora ao propietario do Saltamontes, que acudirá a declarar previsiblemente nas próximas semanas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...