InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo busca mil voluntarios para a súa primeira...

Banco de Alimentos de Vigo busca mil voluntarios para a súa primeira operación quilo do ano

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca preto de mil voluntarios para a súa primeira operación quilo do ano, o Zampakilos Solidario, impulsada pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski os próximos 14 e 15 de marzo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca preto de mil voluntarios para a súa primeira operación quilo do ano, o Zampakilos Solidario para os próximos 14 e 15 de marzo.

Esta iniciativa volverá desenvolverse en formato mixto, xa que poderán entregarse achegas físicas en tenda ou económicos ao pasar por caixa.  Segundo informou a Fundación, haberá “marea azul” en establecementos de Vigo, Pontevedra, Baiona, Nigrán, Cangas, Moaña, Bueu, Marín, Redondela, Arcade, Porriño, Mos, A Guarda, Vilagarcía, Cambados, Vilanova, Catoria, Vilalonga, Ribadumia e Lalín.

Participarán na acción tamén máis de 15 centros educativos, ademais de distintos colectivos de inclusión e axentes na reserva da Subdelegación de Acción Social da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Para ser voluntario hai que darse de alta en ‘https://bancoalimentosvigo.org/faiche-voluntari/‘ ou chamar ao 986 26 30 22.

ÚLTIMAS

Povisa presenta finalmente a súa oferta coa sanidade pública tras ampliar o Sergas tres veces o prazo

O presidente da Xunta advertiu este luns á empresa sanitaria privada Povisa que o seu...

O goberno de Vigo sobre o trazado para a nova A-52 proposto pola oposición: “Queren un circuíto de Fórmula 1 como Ayuso en Madrid?”

O goberno municipal de Vigo votou en contra da moción do PP, que se debateu no...

Atunlo debátese entre “vida ou morte”

A conserveira galega Atunlo, con sede en Vigo e fábricas en Cambados e O Grove,...

Convocado para o 13 de marzo o pleno extraordinario pedido pola oposición de Vigo trala sentenza sobre o concerto de Guns N’ Roses

A sesión plenaria extraordinaria solicitada polos grupos municipais da oposición en Vigo (PP e...