InicioPolíticaCaballero denuncia que a Xunta non dá "nin un céntimo" para a...

Caballero denuncia que a Xunta non dá “nin un céntimo” para a reforma de Balaídos

A Xunta lamenta a súa "decadencia política".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o vindeiro luns comezarán a desmontarse os asentos para iniciar a reforma da bancada de Gol no estadio municipal Abanca Balaídos, e aproveitou para volver criticar que a Xunta de Galicia non achega fondos para esta reforma, mentres que si contribúe en obras en campos de fútbol de Lugo, Ourense e Ferrol.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico lembrou que o goberno galego achegará 3,8 millóns para o estadio Anxo Carro, que se suman aos 9 millóns achegados para A Malata e os 3,2 millóns para o campo de Ourense, “e á probable achega a Riazor, se A Coruña é sede do Mundial de Fútbol“. “E Vigo?”, cuestionou Caballero, que lembrou que é a única cidade galega cun equipo en Primeira División e o seu estadio non recibe “nin un céntimo”

Señores da Xunta, vostedes estanse rindo desta cidade (…) están a burlarse de Vigo“, censurou e criticou que Roda e o PP “nunca atenden a Vigo”. As palabras do alcalde obtiveron resposta por parte da Xunta, e a súa delegada territorial na área viguesa, Ana Ortiz, advertiu de que “a decadencia política” de Caballero “está a converterse nun freo aos investimentos na cidade“.

Ortiz constatou que, mentres o rexedor “critica investimentos noutras cidades”, “bloquea” os investimentos da Xunta en Vigo. Así, puxo como exemplo o centro de asociacionismo, cuxa licenza suspendeu o Concello, o desenvolvemento da ETEA ou as pistas de atletismo de Balaídos.

ÚLTIMAS

PP e BNG reclaman a Caballero que dea explicacións sobre Guns N’ Roses “aos vigueses, non a Risto Mejide”

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo, PP e BNG, rexistraron a...

Stellantis presentou a súa nova tecnoloxía autónoma STLA

Stellantis presentou este xoves a súa nova tecnoloxía autónoma STLA AutoDrive 1.0, o primeiro...

Cincuenta bolsas do Concello de Vigo irán a alumnos da Escola Oficial de Idiomas para estadías no estranxeiro

O goberno municipal de Vigo aprobará este venres as bases da convocatoria de bolsas...

A Xunta deberá indemnizar aos familiares dunha paciente con cancro por impedirlles visitala porque tiña Covid

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Vigo condenou á Consellería de Sanidade a...