InicioSucesosTres persoas enfrontan dous anos de cadea por coacción continuadas aos seus...

Tres persoas enfrontan dous anos de cadea por coacción continuadas aos seus veciños en Nigrán

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron entre abril de 2021 e, polo menos, agosto de 2024 nun inmoble de Nigrán, cuxo baixo é propiedade dos acusados e onde vive un deles, mentres que os denunciantes viven no primeiro piso

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para tres acusados dun delito continuado de coaccións, por actuar con ánimo de dificultar a vida diaria dos seus veciños de arriba en Nigrán. O tres serán xulgados este mércores na sala do Penal 2 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron entre abril de 2021 e, polo menos, agosto de 2024 nun inmoble de Nigrán, cuxo baixo é propiedade dos acusados e onde vive un deles, mentres que os denunciantes viven no primeiro piso.

Os acusados (tanto o que vive no baixo como os outros dous, que acudían con frecuencia ao inmoble) cortábanlle a subministración de auga aos veciños de arriba, aproveitando que a chave de paso está na planta baixa.

Os prexudicados non podían acceder a esa chave, porque está pechada por un enreixado e os procesados, segundo a Fiscalía, deixaban cans soltos para que os seus veciños non puidesen achegarse.

Estas actuacións provocaron numerosas intervencións da Policía Local de Nigrán e da Garda Civil, e a familia do primeiro piso interpuxo varias denuncias. De feito, os acusados xa foron condenados ata en tres ocasiones por levar a cabo estes feitos, “sen que en ningún momento cesase a realización de accións similares cada pouco tempo”.

A familia afectada optaba en moitas ocasións, especialmente no verán, por abandonar a súa vivenda, e a muller tivo que recibir tratamento psiquiátrico.

Por todo iso, o ministerio público considéraos autores dun delito continuado de coaccións e pide que cada un sexa condenado a 2 anos de prisión. Igualmente, reclama que se lles impoña a prohibición de achegarse aos prexudicados ou ao seu domicilio por un período de 2 anos, e que paguen unha indemnización de 2.000 euros por danos morais.

ÚLTIMAS

Caballero estala contra o BNG tras aprobar a folga xeral en Vigo: “Vostede é de Putin, a democracia para vostede non existe”

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG de...

Guerra entre o Concello de Vigo e o PP polos concertos de Castrelos: Caballero impón a súa presenza no escenario?

O goberno municipal de Vigo acusou este luns a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra...

Alerta en Vigo polo envío de correos electrónicos fraudulentos que suplantan á Policía Local

O Concello de Vigo alertou da circulación de correos electrónicos fraudulentos nos que se...

Vigo esixe á Xunta compensacións xustas para máis de 400 propietarios afectados polos plans de vivenda

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns por unanimidade unha moción do...