InicioMovementos SociaisCase un 20% menos de comida do Banco de Alimentos de Vigo...

Case un 20% menos de comida do Banco de Alimentos de Vigo en 2024 tras a perda dos fondos europeos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu o ano pasado 1,4 millóns de quilos de comida, o que supón un 19% menos que en 2023 tras a desaparición do Fondo de Axuda Europea para os máis Desfavorecidos, que supuña un achegue duns 500.000 quilos. Un dato que contrasta cos milleiros de millóns de euros que a UE está enviando a Ucrania na súa guerra con Rusia, boa parte deles, en equipamento militar.

Nun comunicado, a organización dixo que en 2024 rompeu a tendencia dos últimos anos, cando o monto total roldaba os 2 millóns de quilos de comida distribuídos. “Temos que estar satisfeitos con 2024″, sinalou o presidente, José Ramón Santamaría, quen destacou o esforzo da entidade “captando directamente o mesmo volume” ao que se chegou sen contar cos fondos europeos xa extintos.

Tal como indicou, esa caída do 19% débese ao novo proceso implantado dos cartóns moedeiro, que son distribuídas exclusivamente por Cruz Vermella. En cando ás persoas en situación de vulnerabilidade atendidas, Banco de Alimentos axudou a máis de 19.000, a través das máis de 150 ONG e colectivos sociais cos que traballa.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...