O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou a compra de seis novos vehículos para o servizo municipal de bombeiros por case un millón de euros.
Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que se trata de dous autobombas, dous vehículos 4×4, un furgón de nove prazas para o traslado dos efectivos ás intervencións e un todoterreo.
“Isto significa que este ano os dous parques de bombeiros de Vigo terán novos vehículos e seguirán dotados cun material e unhas capacidades de actuación que son top que se poden ter neste momento en ningún parque de bombeiros do mundo“, sentenciou Caballero.
