InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo presentarase por terceira vez aos fondos do PERTE...

O Concello de Vigo presentarase por terceira vez aos fondos do PERTE do ciclo da auga

O Concello olívico xa optou ás dúas anteriores convocatorias do PERTE, pero o proxecto presentado quedou fóra das axudas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo, nunha sesión extraordinaria e urxente celebrada este martes, aprobou a participación do Concello olívico na terceira convocatoria de axudas do PERTE para a mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga.

Así o confirmou o alcalde, Abel Caballero, en declaracións remitidas aos medios, nas que explicou que Vigo concorre cun proxecto de 7,3 millóns de euros, e pide unha axuda de 6 millóns (o resto do custo será asumido pola concesionaria do servizo de abastecemento, Aqualia).

Segundo explicou, a iniciativa supón a creación dun centro intelixente de xestión do ciclo da auga, para monitorar e vixiar todo o servizo en tempo real. “Imos obter os datos de posibles problemas, e saberémolo ao instante”, apuntou.

Esta dixitalización e monitorización afectará a todo o ciclo, empezando pola captación e pasando pola potabilización, distribución, rede de rede de sumidoiros e depuración.

O Concello olívico xa optou ás dúas anteriores convocatorias do PERTE, pero o proxecto presentado quedou fóra das axudas.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...