InicioPolíticaCaballero contra os que protestan pola A-52 : "Non imos volver á...

Caballero contra os que protestan pola A-52 : “Non imos volver á época dos carros de bois”

Di que esa obra "xa tiña que estar feita hai 30 anos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres que o novo trazado da autovía A-52, en túnel desde a cidade ata O Porriño, vaise a facer “si ou si”, a pesar da oposición de “uns poquitos veciños” ou ao rexeitamento “do PP e do BNG”, e advertiu: “Se alguén cre que por protestar van parar a autovía e vannos a levar á época dos carros de bois están equivocados, isto é Vigo”.

A preguntas dos xornalistas nunha rolda de prensa, o rexedor explicou que a tramitación desa actuación aínda está en fase de anteproxecto, e avanzou que os veciños que se opoñen serán “escoitados” cando “chegue o momento”. Con todo, advertiu de que as protestas non van paralizar esa obra, “póñanse como se poñan” quen a rexeitan. “Non nos van a devolver á época dos carros de bois (…), a algúns, se os deixamos, lévannos ás pallozas”, proclamou.

Caballero lembrou que a vía actual é “lenta e imposible” e, nela, “lamentablemente morre xente”, polo que reiterou que “esta broma de que un levantaba a man e parábanse as cousas, acabouse”.

O rexedor lembrou que o novo trazado ten un investimento de case 400 millóns de euros que pagará o Goberno de España e denunciou que o PP “se está movendo” para paralizala. Tras lembrar que, no seu día, “Feijóo dixo que non” á nova autovía, denunciou que agora trasladan o seu rexeitamento a través de “unha senadora”, en alusión á tamén alcaldesa de Mos (municipio afectado polo trazado), Nidia Arévalo.

Caballero criticou que existe tamén oposición por parte do BNG e repetiu a mensaxe: “Que se esquezan, esa autovía –e todo Vigo sábeo– é imprescindible. O problema é que chega 30 anos tarde”. Finalmente, asegurou que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable considera esa actuación “a obra máis prioritaria e máis importante en toda España”. “E o mesmo o alcalde, e a cidade tamén”, apostilou.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Longas retencións e feridos tras un aparatoso accidente entre catro coches na VG-20 de Vigo

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves tras rexistrarse un aparatoso accidente con...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...