InicioPolíticaO BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar o uso de pirotecnia durante a celebración do próximo Fin de Ano ante os “claros prexuízos” que provoca tanto a persoas sensibles, maiores ou con diversidade funcional, como a animais domésticos e salvaxes.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, alertou de que o ruído forte que provocan os petardos e demais material explosivo pode provocar problemas auditivos, ansiedade e cadros de tensións que afectan á saúde e á calidade de vida dos cidadáns.

Aos animais, segundo Igrexas, prodúcelles un estado de alteración que pode provocarlles crises graves e mesmo fallos cardíacos. “Non ten ningún sentido que elementos que pretenden ser de celebración e festa acaben provocando sufrimento nunha parte da nosa poboación, nos animais e tamén no propio medio ambiente polos seus efectos contaminantes”, lamentou o nacionalista.

Así, instou ao goberno municipal a que emita un bando específico destinado a limitar o uso destes artefactos en Fin de Ano, establecemento a recomendación xeral de non usalos e apostar por alternativas de menor impacto acústico.

ÚLTIMAS

O Reggaeton Beach Festival cancela todos os seus festivais, incluído o de Nigrán, por problemas económicos

O Reggaeton Beach Festival (RBF) comunicou este xoves a cancelación da totalidade da xira...

O exalcalde de Vigo, Carlos Príncipe, a quen Zapatero “botou” do PSdeG: “O que busca agora é salvar o seu cú”

O exalcalde socialista de Vigo, Carlos Príncipe, asegurou hoxe que ao expresidente do Goberno,...

O BNG de Vigo estalla contra Educación por instalar un ciclo de FP “nun galpón” do IES República Oriental do Uruguai

Nova fronte de conflito entre a oposición nacionalista e a Consellería de Educación polas...

PP de Vigo critica a Patricia Rodríguez por apuntar á Policía Local para exculparse e volve pedir o seu cesamento

O PP de Vigo censurou este xoves a "frialdade" da concelleira de Seguridade, Patricia...