InicioSociedadePremios GirlGeekPower recoñece ás mellores alumnas de Ciencias, Enxeñarías e Arquitectura da...

Premios GirlGeekPower recoñece ás mellores alumnas de Ciencias, Enxeñarías e Arquitectura da UVigo

O acto de entrega de premios estivo presidido polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e pola deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu este martes unha nova edición da entrega de premios GirlGeekPower, que recoñecen os mellores expedientes de alumnas de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñarías e Arquitectura da Universidade de Vigo.

Estes premios, que se enmarcan na Cátedra Feminismos 4.0, impulsada pola institución académica e pola Deputación de Pontevedra, recaeron este ano en Daniela Sanz Toucedo (primeiro premio) e Noa Álvarez Montes (accésit) na rama de Enxeñaría e Arquitectura, e Iliana Durán Alonso (primeiro premio) e Sarai Moledo Rodríguez (accésit) na de Ciencias e Ciencias da Saúde.

O acto de entrega de premios estivo presidido polo reitor da UVigo, Manuel Reigosa, e pola deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos.

Manuel Reigosa fixo un chamamento ás estudantes para que “sigan rompendo os teitos de cristal” e advertiu de que “mentres non sexamos capaces, como humanidade, de utilizar os dous brazos e as dúas pernas, seremos unha sociedade condenada a non avanzar á velocidade que podemos”. Respecto diso, demandou “igualdade real” e en todos os niveis, para que as mulleres ocupen o “lugar que lles corresponde”.

Pola súa banda, Sandra Bastos destacou que estas “grandes mulleres” premiadas demostran que “non hai distinción de vocacións, soños profesionais e nin carreiras para homes e mulleres”. “Nós podemos ocupar todos os espazos e ámbitos porque estamos altamente cualificadas”, proclamou.

Con todo, lembrou que as cifras de mulleres matriculadas nas chamadas STEM seguen sendo moi baixas, polo que as alumnas recoñecidas nesta edición de GirlGeekPower “son un exemplo para que as nenas teñan referentes e así reducir a brecha de xénero”.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...