InicioEconomíaStellantis prefire investir en Zaragoza e non en Vigo

Stellantis prefire investir en Zaragoza e non en Vigo

Chega a un acordo cunha mutlinacional chinesa para abrir unha megaplanta de baterías na cidade aragonesa. O BNG pide á Xunta que "deixe de subvencionar a precariedade" na automoción e "actúe" para garantir o seu futuro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Stellantis e a chinesa CATL anunciaron este martes a creación dunha ‘joint venture’ para a construción dunha planta de baterías –xigafactoría– de baterías de fosfato de ferro e litio (LFP) en Zaragoza, cun investimento de ata 4.100 millóns de euros.

A fábrica, que se prevé que inicie a súa produción a finais de 2026 na planta de Stellantis na rexión aragonesa, podería alcanzar unha capacidade de ata 50 xigavatios/hora (GWh), en función de “a evolución do mercado eléctrico en Europa” e do apoio continuo das autoridades de España e a Unión Europea.

“A empresa conxunta ao 50% entre CATL e Stellantis impulsará a oferta de LFP de Stellantis (…) o que permitirá ao fabricante de automóbiles ofrecer máis turismos, crossovers e SUV eléctricos de batería de alta calidade, duradeiros e alcanzables nos segmentos B e C con autonomías intermedias”, asegura o grupo automobilístico nun comunicado.

Fontes da compañía pon en valor a Europa Press que o investimento en Zaragoza é unha das “máis importantes” da historia de Stellantis en España. A operación, suxeita ao visto e prace das autoridades regulatorias, espérase que se poida pechar ao longo de 2025. En 2023, o grupo chinés CATL subscribiu un primeiro acordo de colaboración con Stellantis para a subministración de baterías coa posibilidade de investir conxuntamente na súa fabricación.

CRÍTICAS BNG

Pola súa banda, o BNG pediu este martes á Xunta que “deixe de subvencionar a precariedade” na automoción e que “actúe” para garantir o seu futuro en Galicia, ante a situación de “incerteza” que vive o sector. Así o sinalaron os deputados nacionalistas Carmela González e Brais Ruanova nunha rolda de prensa tras reunirse; xunto ao portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexas; con representantes sindicais da automoción para abordar a situación “límite” do sector.

Por iso, anunciaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta implicación para “apontoar” un “sector estratéxico” para a área de Vigo e o conxunto da Comunidade. Todo isto tras o despedimento de tres traballadores na auxiliar ZF Lifetec, con máis de 25 anos de antigüidade na compañía cada un.

Ante esta situación, lamentaron que o Goberno autonómico financie con subvencións empregos “precarios”, mentres as empresas “aumentan os seus beneficios” e “deslocalizan” a produción a outros países.

ÚLTIMAS

Piden 11 anos de prisión para un home acusado de agresión sexual e de roubo con violencia

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

Abel Caballero asegura que o Goberno cumpre “os prazos” e o AVE Vigo-Madrid “avanza a toda velocidade”

Segundo o rexedor olívico, esta mesma semana a Avogacía do Estado emitiu o informe...

Innovación de estudantes galegos en Bruxelas: un motor de hidróxeno que reduce os residuos contaminantes

Un equipo de cinco estudantes de Bacharelato de Vigo presentou este venres en Bruxelas...

Caballero acusa a Louzán de insultar a Vigo e di que mente co aforamento de Balaídos: “Segue cos seus enganos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou ao presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael...