O xulgado do Penal 1 de Vigo acollerá o 18 de decembro un xuízo contra un home acusado de varios delitos de acoso e ameazas, entre outros, que, durante varios meses, molestou de forma sistemática e continuada á súa exparella, á que enviaba mensaxes e perseguía, a pesar de ter en vigor medidas de afastamento.
A Fiscalía pide para el penas que suman 15 anos e 3 meses de cárcere, ademais da prohibición de achegarse e comunicarse coa víctíma durante case 40 anos.
Segundo o escrito de acusación pública, os feitos iniciáronse en xuño de 2022, cando a muller decidiu romper a relación tras un episodio violento no que tivo unha discusión coa súa entón parella e el impediulle saír do domicilio no que convivían.
Desde o momento en que ela quixo pór fin á relación comezou un acoso sistemático por parte do acusado, que lle enviaba mensaxes, chamábaa de forma insistente desde o seu teléfono ou desde outros, e lle escribía correos electrónicos. Ademais, o acusado timbraba case a diario na casa dos pais dela e perseguíaa nos seus desprazamentos.
En agosto de 2022 impúxoselle unha medida cautelar de afastamento, que el incumpriu de forma reiterada, e seguiu facendo chamadas e enviando mensaxes con ton ameazante, escribíndolle frases como “todo chega”, ou “tic tac“. Cara a finais de 2011 o procesado logrou entrar na aplicación de persoal do centro sanitario no que ela traballa e cambiou a foto da súa identificación por unha fotografía íntima dela que obtivera cando eran parella.
COMIDA A DOMICILIO E SERVIZOS QUE ELA NON PEDIRA
Así mesmo, tentou entrar nas súas contas de redes sociais, e no seu correo electrónico e chegou a modificar a súa dirección de mail na empresa de telefonía da que ela era clienta, de maneira que a correspondencia lle chegaba a el directamente, e así puido acceder a información como o rexistro de chamadas ou as facturas.
O acusado utilizou tamén os datos da vítima para que empresas como aseguradoras e financeiras contactasen con ela por servizos que ela non solicitara, como créditos; pedía comida a domicilio que ela non pedira; mesmo chegou a perseguir o coche da vítima, cando era conducido por unha amiga, ata o municipio de Fornelos de Montes.
De feito, a muller e esta amiga encontrárono cando foron a Comisaría a denunciar estes feitos, a pesar da orde de afastamento, o que motivou a detención do acusado e o seu ingreso en prisión provisional en novembro de 2022. En xuño, o home saíu en liberdade, cunha orde de afastamento e coa implantación dun dispositivo telemático para que cumprise esa medida.
No entanto, e con total “desprezo” polos requirimentos da autoridade xudicial, continuou quebrantando a medida de afastamento e a prohibición de comunicarse coa súa expareja. Así, continuaron as chamadas e mensaxes ameazantes, ata que foi novamente detido en xullo de 2023 e ingresado en prisión, onde permanece.
ANTECEDENTES DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Ao longo de máis dun ano de acoso e fustrigación (fóra dos períodos que pasou en prisión provisional), a vítima tivo que abandonar o seu domicilio e mudarse a casa dos seus pais, despois de 12 anos vivindo de forma independente. Así mesmo, tivo que cambiar de número de teléfono en máis de catro ocasiones, os seus pais tiñan que levala ao traballo e tiña que saír acompañada de amigos a todas partes. Estes feitos provocáronlle unha situación de ansiedade que desembocou nunha baixa laboral.
Ademais, dáse a circunstancia de que o acusado ten antecedentes por lesións no ámbito da violencia de xénero e por quebrantamento de medidas.
A Fiscalía considérao autor de dous delitos de acoso, un deles continuado, en concurso cun delito de quebrantamento de medida cautelar; un delito continuado de ameazas; un delito de lesións; dous delitos de descubrimento de segredos; e un delito contra a seguridade viaria (xa que a primeira vez que foi detido por estes feitos, estaba a conducir a pesar de ter o carné retirado por perda total de puntos).
Tamén reclama que se apliquen as agravantes de reincidencia e de xénero, xa que actuou co ánimo de “desprezar a decisión” da vítima de romper a relación, e “demostrar o seu dominio e superioridade sobre a prexudicada”.
Así, solicita para el penas que suman 15 anos e 3 meses de cárcere, prohibición de achegarse ou comunicarse coa súa expareja durante case 40 anos, prohibición de portar armas durante 2 anos, e multa de 5.400 euros. Igualmente, pide que indemnice á vítima en 12.000 euros.