InicioSucesosO foro 'Os Ninguéns' denuncia que os afectados do incendio de Alfonso...

O foro ‘Os Ninguéns’ denuncia que os afectados do incendio de Alfonso X seguen sen alternativa habitacional

Sianlan a necesidade de que todas as administracións adopten medidas para a posta a disposición dun parque de vivendas públicas de aluguer social

PUBLICADO O

- Advertisement -

O foro socioeducativo ‘Os Ninguéns’ de Vigo denunciou este venres ante os xulgados de Vigo que os afectados polo incendio ocorrido nun edificio ‘okupado’ da rúa Alfonso X, no que morreron unha nai e tres dos seus fillos, “seguen igual ou peor”, en situación de precariedade porque non dispoñen de “alternativa habitacional”.

Así o trasladou o seu portavoz, Antón Bouzas, nunha concentración ante a Cidade da Xustiza, onde lembrou que, cando se produciu ese incendio que, ademais das vítimas mortais deixou ferido moi grave ao pai dos menores e con secuelas á única irmá sobreviventes, as administracións (Xunta e Concello) apresuráronse a celebrar reunións “en quente” e a prometer unha solución para as máis de 20 persoas que vivían no edificio.

“Pero iso non se fixo”, constatou, á vez que lembrou que estas persoas, do mesmo xeito que outras moitas, víronse “obrigadas” a entrar a vivir nese edificio, que estaba “abandonado” polos seus propietarios, para ter unha vivenda, e especialmente tendo en conta que tiñan menores ao seu cargo.

Segundo advertiu o portavoz de ‘Os Ninguéns’, “en Vigo moitas persoas viven en infravivendas, infrapensiones ou chabolas”, e é especialmente preocupante a situación de moitas mulleres, algunhas con fillos menores, que ven obrigadas a convivir cos seus maltratadores ou a regresar con eles despois de deixalos, “para ter un teito”.

Ademais, no caso dos afectados polo incendio, lembrou que están pendentes de xuízo por un delito leve de usurpación, pola ‘okupación’ do inmoble, e pídeselles o pago de multas. “Parécenos unha crueldade que se sigan levando aos xulgado problemas de carácter social, de pobreza severa, hai que parar estas situacións”, proclamou.

Finalmente, insistiu na necesidade de que todas as administracións adopten medidas para a posta a disposición dun parque de vivendas públicas de aluguer social.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...