InicioVigo e contornaVigoO Celta recibe autorización do Concello de Vigo para celebrar concertos en...

O Celta recibe autorización do Concello de Vigo para celebrar concertos en Balaídos o próximo verán

O alcalde, Abel Caballero, e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade organizar grandes eventos na instalación municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo autorizará ao Real Club Celta de Vigo a celebrar concertos no estadio municipal de Balaídos o próximo verán, segundo anunciou o goberno local nun comunicado.

En concreto, este luns o alcalde, Abel Caballero, e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade organizar grandes eventos na instalación municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo.

“Balaídos está perfectamente preparado para albergar espectáculos de gran afluencia considerados de gran importancia tanto para a cidade como para o club celeste. A organización destes eventos musicais suporá un importante retorno económico para a cidade, así como a posta en valor da principal infraestrutura deportiva do sur de Galicia“, subliñou o Concello.

Este acordo, tal como explica o goberno local, facilitará tamén que a música e a cultura “sigan arraigando en Vigo” e suporá a ampliación da colaboración entre Concello e Celta para reforzar a “marca Vigo” como “referencia cultural e turística”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...