InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo estima en 8 millóns o custo para renovar...

O Concello de Vigo estima en 8 millóns o custo para renovar a envolvente do edificio municipal

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde, entre outras cuestións, á compra da escultura de homenaxe ao escritor Domingo Villar, falecido prematuramente e de forma inesperada en maio de 2022

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este venres, por 174.000 euros, a contratación da redacción do proxecto para rehabilitar a envolvente do edificio da Casa Consistorial.

Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, esta obra, cuxo custo se estima nuns 8 millóns de euros, é necesaria para levar a cabo un correcto illamento térmico do edificio, que é “unha calamidade” e adoece dos problemas derivados dunha “pésima construción”.

Así, a renovación desa parte exterior do inmoble permitirá que o Concello teña unhas “condicións mínimas” de habitabilidade, permitirá reducir o malgasto enerxético e o consumo de enerxía, “e non choverá” dentro do edificio, como agora ocorre nalgúns espazos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde, entre outras cuestións, á compra da escultura de homenaxe ao escritor Domingo Villar, falecido prematuramente e de forma inesperada en maio de 2022.

Trátase dunha escultura en bronce do artista ourensán Pedro Dobao, que custará 114.000 euros e que será instalada, en xaneiro de 2025, nos xardíns da Praza de Compostela.

ÚLTIMAS

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...

Rede de Mulleres manifestarase o 25N en Vigo: “Estamos a sufrir un retroceso que non podemos permitir”

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo mobilizarase o vindeiro...

Stellantis Vigo inicia a produción en serie da nova versión das súas furgonetas compactas

Stellantis Vigo comezou a produción en serie da nova versión Smart Compact Van dos...

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...