InicioSucesosO presunto autor do crime machista de Baiona pasa a prisión provisional

O presunto autor do crime machista de Baiona pasa a prisión provisional

O home, que foi detido este xoves e foi trasladado minutos despois das 09.00 horas desta mañá á Cidade da Xustiza de Vigo, acolleuse ao seu dereito a non declarar

PUBLICADO O

- Advertisement -

O maxistrado do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido pola morte da moza de 36 anos Estela B.S., que foi localizada morta na vivenda da súa exparella na zona das Ínsuas, na parroquia baionesa de Belesar, na madrugada do pasado venres, día 8 de novembro.

Segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home está investigado por un delito de homicidio/asasinato, a determinar ao longo da instrución, e por un delito de quebrantamento de condena.

O home, que foi detido este xoves e foi trasladado minutos despois das 09.00 horas desta mañá á Cidade da Xustiza de Vigo, acolleuse ao seu dereito a non declarar.

En concreto, este xoves, Humberto G.R. foi detido despois de que a súa nai alertase á Garda Civil de onde estaba, debido a que o home “non aguantou a presión” da procura, ao estar escondido nun galpón próximo á vivenda onde ocorreron os feitos durante seis días sen comer.

FEITOS

Na madrugada do pasado venres, o propio home chamou ao 112 para informar de que se atopou a Estela ferido á porta do seu domicilio e que a meteu na vivenda e tapado cunha manta.

Con todo, cando chegaron os sanitarios (que só puideron confirmar o falecemento da muller), o home fuxiu do lugar, alegando que non tiña nada que ver coa morte da moza e que el non ía comerse ” ese marrón”.

O detido tivera unha relación sentimental coa muller e tiña denuncias previas por violencia de xénero. De feito, o xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ditou o pasado mes de abril unha orde de afastamento da vítima, que estaba rexistrada no sistema de seguimento VIOGEN, cualificada como de “risco medio”.

Así, iniciouse unha procura que finalizou na mañá deste xoves, cando a nai do agora detido alertou do seu paradoiro.

 

 

ÚLTIMAS

A Semana de Cine Submarino emerxe con nova dirección e localización e unha homenaxe a José Luis González

Logo dun ano de parón, ocasionado polo repentino falecemento de quen foi o seu...

Todo preparado en Vigo para o comezo do Nadal con previsións hoteleiras “moi boas”

O Concello de Vigo ultima a montaxe das súas luces de Nadal, que acenderá este sábado, día 16...

O Concello de Vigo estima en 8 millóns o custo para renovar a envolvente do edificio municipal

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo aprobou este venres, por 174.000 euros,...

Adeus X, Xornal de Vigo tamén marcha desta rede social

Xornal de Vigo, como xa fixeron outros medios como Galicia Confidencia, The Guardian ou...