InicioSucesosIntervidos xogos de cartas e 5.000 bonecos falsificados nun establecemento de Mos

Intervidos xogos de cartas e 5.000 bonecos falsificados nun establecemento de Mos

A intervención produciuse o pasado xoves durante unha inspección dun establecemento en Mos, no marco das actuacións que leva a cabo a PAFIT para detectar produtos fraudulentos ou inseguros para os consumidores, e para detectar posibles irregularidades na documentación

PUBLICADO O

- Advertisement -

A patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIT) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra incautouse de máis de 5.000 bonecos e xogos de cartas falsificados, localizados nun establecemento de venda por xunto de Mos.

Segundo informou a Comandancia, os axentes interviñeron 4.088 produtos falsificados da marcha Funko LLC por carecer de documentación de procedencia; así como 837 bonecas e 256 xogos de cartas, tamén supostas falsificacións, e carentes de etiquetaxe e embalaxe.

A intervención produciuse o pasado xoves durante unha inspección dun establecemento en Mos, no marco das actuacións que leva a cabo a PAFIT para detectar produtos fraudulentos ou inseguros para os consumidores, e para detectar posibles irregularidades na documentación.

Neste caso, a propietaria do establecemento non puido acreditar documentalmente a procedencia nin o valor dos produtos, o que pode constituír un delito menos grave contra a propiedade industrial. Os axentes incautáronse da mercadoría, que quedou precintada e almacenada no propio establecemento, a disposición da autoridade xudicial.

Por outra banda, a dona do local foi citada en dependencias policiais en calidade de investigada por un suposto delito contra a propiedade industrial e contrabando. As dilixencias foron postas en coñecemento do xulgado de instrución do Porriño.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...