InicioVigo e contornaVigoA actriz Diana Nogueira é a nova madriña da Gran Recollida de...

A actriz Diana Nogueira é a nova madriña da Gran Recollida de Banco de Alimentos de Vigo

A actriz mostrou o seu orgullo por ser a nova madriña da Gran Recollida, e poder así formar parte da "gran marea azul"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presentadora, actriz e modelo Diana Nogueira é, desde este martes, a nova madriña do Banco de Alimentos de Vigo para a Gran Recollida deste ano, que levará a cabo en decenas de supermercados de toda a provincia os próximos 22 e 23 de novembro.

O vicepresidente e o secretario da Fundación Provincial Banco de Alimentos, Polo Quinteiro e Eusebio Garre, respectivamente, impuxéronlle esta mañá o ‘peto azul’ que a acredita como a nova embaixadora da Gran Recollida.

“A elección de Nogueira como nova madriña por parte do noso Banco de Alimentos responde á súa proximidade e conexión profunda con Galicia. Cremos, sen dúbida, que o seu rostro é un dos máis coñecidos e queridos por parte do público e, precisamente, estamos convencidos que será un gran altofalante”, explicou Quinteiro, segundo recolle o organismo nun comunicado.

Emocionada, Nogueira agradeceu que se pensase nela para relevar no cargo ao último padriño, o futbolista Iago Aspas, ao que lle pediu que “seguise metendo goles” xa que ela encargarase agora “de meter alimentos nos carros e nas bolsas”.

A actriz mostrou o seu orgullo por ser a nova madriña da Gran Recollida, e poder así formar parte da “gran marea azul”, onde hai persoas cunha “enorme xenerosidade e empatía”. Tamén aproveitou a súa intervención ante os medios de comunicación para lembrar ao que foi ata fai moi pouco presidente de Banco de Alimentos, o falecido Iván Martínez.

“Aquí, hoxe, fáltanos unha persoa que eu tiven a honra de coñecer”, sinalou, pondo en valor todo o traballo que realizou na Fundación.

ÚLTIMAS

Detida unha parella en Vigo tras unha pelexa na rúa con acusacións mutuas de agresión

A Policía Local de Vigo detivo na noite deste pasado xoves a unha parella...

A forense decide que o detido polo crime do Porriño non está en condicións de declarar e seguirá hospitalizado

A forense determinou este xoves que o detido polo crime do Porriño non está...

A Xunta descarga a responsabilidade dos crimes machistas nas propias vítimas cando deciden “romper a relación”

O órgano fiscalizador denuncia que os investimentos en sensibilización caeron de 8 millóns en...

Acordo entre Nueva Pescanova e sindicatos que “frea retrocesos” e inclúe melloras salariais

Nova Pescanova e sindicatos alcanzaron un acordo durante a negociación do convenio colectivo do...