InicioSucesosDetido un home en Vigo por unha suposta agresión á súa parella...

Detido un home en Vigo por unha suposta agresión á súa parella na vía pública

Ante a presenza dos policías, esta muller derrubouse e comezou a chorar desconsoladamente, manifestando que o home a agredira e que lle tiña medo polo seu carácter violento; así mesmo, relatou que episodios violentos se produciron tamén con anterioridade

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 50 anos de idade, D.R.R., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras unha agresión á súa parella na vía pública.

Segundo informaron fontes policiais, a sala do 092 recibiu un aviso á primeira hora da tarde do pasado sábado, para acudir ao Camiño do Chouzo, xa que testemuñas presenciaran unha discusión entre dúas mulleres e un home, e sinalaban que este introducira a unha das mulleres nun inmoble contra a súa vontade.

Unha vez no lugar, os axentes observaron a estas tres persoas discutindo e, ao preguntar polo sucedido, o home asegurou que se trataba dunha discusión sen máis consecuencias.

Con todo, unha das mulleres presentaba un forte golpe na fazula e arañazos con sangue no pescozo. Ante a presenza dos policías, esta muller derrubouse e comezou a chorar desconsoladamente, manifestando que o home a agredira e que lle tiña medo polo seu carácter violento; así mesmo, relatou que episodios violentos se produciron tamén con anterioridade.

Por estes feitos, os axentes procederon á detención do sospeitoso, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo promete “o maior cadro de bombeiros da súa historia” no outono ante críticas por “falta de persoal”

O goberno de Vigo asegurou que o Concello está a incorporar novos profesionais de...

Os traballadores de Lugove manteñen a folga e acusan a empresa de rexeitar a negociación

O conflito laboral en Lugove, concesionaria do transporte público interurbano que conecta Vigo co...

Peinador “non vai tan mal” di Abel Caballero que reclama as mesmas axudas que recibe Santiago

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que Peinador "non vai tan...

Mantense a prohibición de baño na praia da Punta tras unha nova analítica

O Concello de Vigo mantén a prohibición de bañarse na praia da Punta, situada...