InicioEconomíaA CIG acusa a Abel Caballero de "querer borrar a historia" ao...

A CIG acusa a Abel Caballero de “querer borrar a historia” ao “impedir” instalar un monumento polas loitas obreiras de 1972

O Concello culpa á Xunta da negativa e afea ao sindicado a súa "mala fe"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG acusou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, de “querer borrar a historia” ao “negar” a instalación dun monumento en recordo ás loitas obras de 1972. Así o sinalou o secretario xeral da organización sindical, Paulo Carril, quen lamentou a negativa do goberno local a permitir á CIG tramitar a instalación dunha estatua conmemorativa destes feitos.

Por iso, este xoves o sindicato levou a cabo unha concentración ante a sede do Concello de Vigo en protesta, á que acudiu, entre outros, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas. Alí, Carril denunciou a situación, asegurando que Caballero “practica o esquecemento histórico”, como “presidentes de moitos territorios de España”, onde “o PP e Vox tratan de derrogar a lei de memoria histórica”.

Segundo el, a CIG leva máis de dous anos tentando instalar un monumento na cidade de Vigo, pagado polo propio sindicato, para lembrar estas loitas e recoñecer a súa importancia para as clases obreiras de toda Galicia. Con todo, segundo lamenta, o Concello non llo permite.

RESPOSTA DO CONCELLO

Tras esta concentración, o Concello saíu ao paso asegurando que foi a Xunta de Galicia a que “imposibilitou” a colocación dunha estatua no monte do Castro e acusou á CIG de “mala fe”. Nun conciso comunicado, o goberno local dixo que en maio de 2023 a Delegación Territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades enviou un informe desfavorable respecto diso, non autorizando esta colocación.

“Este goberno municipal non só non tenta silencia ou anular a historia do 1972 desta cidade, senón que nese mesmo ano algúns foron detidos e tiveron que estar exiliados fóra de España por defender a democracia. A CIG segue mostrando a súa mala fe e aínda así, este goberno seguirá buscando algún emprazamento para ese monumento con símbolos partidarios”, sentenza.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...