InicioVigo e contornaVigoPeinador recupera a conexión con Valencia con dous voos semanais

Peinador recupera a conexión con Valencia con dous voos semanais

O alcalde, Abel Caballero, declarou que "a Xunta segue pagando voos desde Santiago e facéndolle competencia desleal a Vigo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Peinador recuperará a ruta con Valencia para a próxima tempada de outono-inverno, con dous voos semanais, desde o 27 de outubro e ata o 29 de marzo, segundo confirmou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios.

Segundo manifestou o rexedor, a compañía Air Nostrum conectará Vigo con Valencia os luns e os venres, con saída desde Valencia ás 8,45 horas e desde Vigo ás 11,00 horas.

Esa liña xa operou con subvención municipal pero agora farao “a mercado”, co que “Vigo mostra o poderío que ten de xerar voos”. Mentres, volveu a repetir Caballero, “a Xunta segue pagando voos desde Santiago e facéndolle competencia desleal a Vigo”.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...