InicioSucesosUnha muller de Vigo autorizada pola Audiencia a viaxar coa súa filla...

Unha muller de Vigo autorizada pola Audiencia a viaxar coa súa filla a Cuba a pesar da oposición do pai

"A decisión que se cuestiona foi adoptada en interese e protección superior da filla, sen que en ningún caso prive ao apelante dos seus dereitos paternofiliales", conclúe a Audiencia, nunha resolución contra a que non cabe recurso

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un recurso de apelación interposto por un pai contra a decisión dun xulgado de Familia que autorizaba á súa exparella a levar á filla de ambos de vacacións a Cuba (país natal da muller).

O xulgado de Primeira Instancia 5 da cidade olívica, competente en materia de Familia, ditou un auto polo que permitía a tramitación do pasaporte da menor e autorizaba que a nena puidese viaxar a Cuba coa súa nai nos períodos vacacionais nos que lle tocase estar con ela.

O pai opúxose a esta decisión e presentou un recurso de apelación, expresando o seu temor ante a posibilidade de que a muller non regresase do país caribeño. Respecto diso, argumentaba que non hai proba do arraigamento social da súa parella en España (en concreto en Vigo, onde vive), e lembraba a mala relación da muller non só con el senón tamén cos avós paternos da nena.

Así mesmo, apuntaba no seu recurso que Cuba, aínda que é asinante do Convenio da Haia sobre aspectos civís da subtracción internacional de menores, non é membro da Conferencia da Haia de Dereito Internacional Privado (HCCH), polo que se a nai incumprise “sería máis complicado” o retorno da menor a España.

Con todo, a Audiencia avala a decisión do xulgado de Primeira Instancia e sinala que a alegación do pai está “orfa de todo fundamento”. “O temor do pai (…) non pode levar sen máis a denegar a posibilidade de obter a expedición e/ou renovación do pasarporte da menor, nin a non autorizar que a menor viaxe coa súa nai a Cuba nos períodos de vacacións”, sinala o tribunal.

Nese sentido, explica que xa a xuíza de Familia analizou as circunstancias familiares e constatou o arraigamento económico e social da nai en Vigo, onde traballa e reside. Así, a muller é autónoma e está ao corrente de pago das súas cotas, a súa vida laboral data de xullo de 2005 e subscribiu un contrato de arrendamento con dereito a compra dunha vivenda, entregando a conta 25.000 euros.

A iso súmase o feito de que a nena ten nacionalidade española e “sempre tivo relación coa súa familia materna”. Finalmente, a Audiencia lembra na súa resolución que o feito de que Cuba asinase o Convenio da Haia sobre aspectos civís da subtracción internacional de menores “fai desaparecer case por completo a argumentación” do apelante.

“A decisión que se cuestiona foi adoptada en interese e protección superior da filla, sen que en ningún caso prive ao apelante dos seus dereitos paternofiliales”, conclúe a Audiencia, nunha resolución contra a que non cabe recurso.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...