InicioVigo e contornaVigoReunión entre Abel Caballero co novo bispo de Tui-Vigo reafirmando o compromiso...

Reunión entre Abel Caballero co novo bispo de Tui-Vigo reafirmando o compromiso do Concello coa diocese

Tamén lle trasladou ao bispo que o goberno municipal manterá a súa cooperación no mantemento, conservación e restauración de bens e inmobles de titularidade eclesiástica

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse este mércores co novo bispo de Tui-Vigo, Antonio José Valín, reafirmando o compromiso do Concello coa diocese.

Tal como informou o goberno local, trátase da primeira toma de contacto entre ambos e serviu para que o rexedor reiterase a súa vontade de colaborar e de que o Concello participe nos actos da cidade, como a procesión do Cristo da Vitoria, que terá lugar o domingo 4 de agosto, ou a de Semana Santa.

Tamén lle trasladou ao bispo que o goberno municipal manterá a súa cooperación no mantemento, conservación e restauración de bens e inmobles de titularidade eclesiástica.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...