InicioEconomíaXunta e Conxemar estudarán as reformas necesarias no Ifevi para a continuidade...

Xunta e Conxemar estudarán as reformas necesarias no Ifevi para a continuidade da feira

Ademais, a Xunta acordou elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e poder levar a cabo outras actuacións complementarias ao seu desenvolvemento, como a habilitación de aparcadoiros ou a ordenación do tráfico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos do Mar, Conxemar, analizaron este martes posibles melloras para o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) co obxectivo de garantir a continuidade da feira de produtos do mar conxelados “nas melloras condiciones”.

En concreto, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse co presidente de Conxemar, Eloy García, abordando o estudo de viabilidade para a ampliación da capacidade e mellora dos accesos ao Ifevi, que foi elaborado por Conxemar e posto a disposición das administracións.

Ademais, a Xunta acordou elaborar un plan funcional de análise para concretar as necesidades da feira e poder levar a cabo outras actuacións complementarias ao seu desenvolvemento, como a habilitación de aparcadoiros ou a ordenación do tráfico.

Ambas as partes valoraron positivamente a reunión, segundo recolle o Executivo galego nun comunicado, definíndoa como “fundamental” para establecer o diálogo en relación a estas cuestións clave para poder conseguir canto antes unha solución beneficiosa para todos.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

A CIG chama a mobilizarse o 10 de marzo contra a precariedade no Día da Clase Obreira Galega

A CIG presentou este xoves en Vigo os actos previstos para o Día da...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

A Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais para adaptarse ao cambio climático nun proxecto europeo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a Universidade...