InicioPolíticaDeputados do PPdeG no Congreso piden impulsar a liña ferroviaria de alta...

Deputados do PPdeG no Congreso piden impulsar a liña ferroviaria de alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Deputados do PPdeG no Congreso rexistraron unha Proposición non de Lei relativa ao impulso da liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto-Lisboa para o seu debate na Comisión de Transportes e Mobilidade Sustentable.

Nela, tal e como se recolle no documento, instan o Goberno a “recoñecer, como xa se fixo en reiteradas ocasións nos Cumes Hispano-Portuguesa, o potencial de uso e de rendibilidade” desta liña como “unha infraestrutura prioritaria e estratéxica en virtude dos principios de vertebración territorial e de desenvolvemento social e económico de España e de Portugal”.

Ademais, demandan desenvolver unha programación completa das actuacións, investimentos orzamentarios e calendario para o desenvolvemento da conexión Vigo-Porto, coa prioridade do Saída Sur de Vigo, así como impulsar o traballo co Goberno de Portugal para a definición da nova conexión internacional sobre o río Miño ao amparo dos programas de financiamento europeo para as actuacións pertencentes á rede TEN-T.

Así mesmo, mentres non se materialice esta conexión de alta velocidade, piden que se modernice o material móbil e as condicións de servizo do denominado Tren Celta, entre Porto e Vigo, para facer posible esta viaxe nun tempo máximo dunha hora.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...