InicioEconomíaFolga dos traballadores da auxiliar de telecomunicacións CIRCET: "a empresa incumpre o...

Folga dos traballadores da auxiliar de telecomunicacións CIRCET: “a empresa incumpre o convenio”

Denuncian despidos "indiscriminados".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de traballadores da empresa CIRCET, auxiliar de telecomunicacións e instaladora que presta servizos para Movistar, Orange, Vodafone ou R, concentráronse este mércores en Vigo para denunciar o incumprimento do convenio colectivo (o provincial do Metal) por parte da empresa.

O persoal, en folga indefinida desde o pasado luns, asegura que a empresa incumpre o marco de relacións laborais en materias como os horarios e descansos, o pago de incentivos ou o abono das dietas, segundo explicou o presidente do comité, Fernando Martínez (CUT).

Por outra banda, tras absorber ao persoal doutra empresa (Confica), están a producirse despedimentos “indiscriminados” de traballadores de CIRCET, sinalou o presidente do comité, que lamentou que levan “meses tentando negociar coa empresa”, recibindo só “longas”. Fernando Martínez explicou que CIRCET, cun cadro de persoal dun centenar de operarios en Vigo, “incumpre tamén os acordos alcanzados coa representación social no AGA”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...