InicioSociedadeO concello esixe á Deputación que faga público o custo da operación...

O concello esixe á Deputación que faga público o custo da operación de compra do Teatro Cinema Fraga

Un inmoble propiedade de Abanca

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo esixiu este luns á Deputación de Pontevedra que faga público “de forma inmediata” o “documento de valoración de compra” do antigo Teatro Cinema Fraga, unha inmoble propiedade de Abanca e cuxa adquisición foi anunciada tanto pola institución provincial como polo propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha operación cofinanciada por ambas as administracións.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o portavoz do goberno vigués, o edil socialista Carlos López Font, afeou ao presidente da Deputación, Luís López, que se atreveu “a afirmar que o Concello de Vigo non fixo nada nos últimos anos para pór o Teatro Cinema Fraga –que leva 17 anos pechado– a disposición dos cidadáns.

Segundo proclamou Font, “durante moitos anos, o Concello estivo pendente de Abanca, para saber que usos quería darlle ao edificio”. “Démoslle moitos anos de prazo, pero finalmente non lle deron uso algún. Axiña que como soubemos que non o ían a utilizar, o Concello mostrou ao propietario o seu interese”, asegurou.

O pasado mes de febreiro, no contexto da campaña electoral das eleccións galegas, o presidente da Xunta e entón candidato, Alfonso Rueda, anunciou en Vigo a adquisición do edificio. Precisamente, poucas horas despois, o goberno vigués saíu ao paso do devandito anuncio desvelando que o alcalde, Abel Caballero, mantivera “conversacións” para conseguir que Abanca cedese gratuitamente o antigo Teatro Cinema Fraga.

Nas súas declaracións deste luns, López Font insistiu en que Abanca debe pór o edificio “a disposición da cidade de forma gratuíta”, e reclamou á Deputación, como “institución pública”, que dea a coñecer o custo da operación “de forma inmediata”.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...