InicioSucesosLocalizan o corpo dun mergullador morto na praia viguesa de Sobreira

Localizan o corpo dun mergullador morto na praia viguesa de Sobreira

O 061 mobilizou o seu helicóptero con base en Santiago pero, á súa chegada, os profesionais sanitarios nada puideron facer pola vítima

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mergullador faleceu este xoves na praia viguesa da Sobreira, na parroquia de San Miguel de Oia, segundo confirmaron fontes do CIAE 112 Galicia.

A alerta saltou sobre as 13,00 horas, cando un particular chamou a Emerxencias para advertir de que había unha persoa flotando no mar fronte á praia, que parecía afogada.

No transcurso da chamada, o propio informante sinalaba que se estaba sacando o corpo do mar cara á beira do areal e que se trataba dunha persoa ataviada con traxe de mergullador. De inmediato, o 112 alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e Policía Local, Salvamento Marítimo, Gardacostas e Protección Civil.

O 061 mobilizou o seu helicóptero con base en Santiago pero, á súa chegada, os profesionais sanitarios nada puideron facer pola vítima.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...