InicioEconomíaConfirmada a resolución da Seguridade Social contra unha empresa por contrato fraudulento...

Confirmada a resolución da Seguridade Social contra unha empresa por contrato fraudulento a unha bolseira

Os feitos remóntanse a novembro de 2021, cando esta empresa contratou a unha muller como bolseira, para a realización dunhas prácticas vinculadas ao seu máster de posgrao

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por unha empresa contra unha resolución da Tesouraría da Seguridade Social, que lle reclamou cotas por valor de case 3.000 euros, ao ter contratada de forma fraudulenta a unha bolseira.

Os feitos remóntanse a novembro de 2021, cando esta empresa contratou a unha muller como bolseira, para a realización dunhas prácticas vinculadas ao seu máster de posgrao. A bolseira desenvolvía o seu traballo no departamento de nóminas, cobrando 500 euros ao mes.

Unha inspección de Traballo en marzo de 2022 puxo de manifesto que esta traballadora estaba contratada de forma fraudulenta, xa que finalizara os seus estudos en xuño de 2021 e non podía ser contratada como bolseira.

Nunha resolución de setembro de 2022 declarouse indebida o alta da muller como bolseira e acordouse o alta como traballadora en réxime laboral común, a tempo completo, en base aos feitos constatados pola Inspección de Traballo.

Esta decisión foi recorrida pola empresa pero, tal e como se recolle na sentenza do TSXG, a Seguridade Social esgrimiu que “ao non existir un plan de formación e a traballadora xa finalizara o master, a titora non exerceu as súas funcións, polo que a traballadora realizaba as súas funcións como un traballador máis da empresa, polo que non concorren os requisitos dun contrato de bolsa en formación, nin dun contrato en prácticas”. Así, concluíu que “a contratación se realizou en fraude de lei, encubrindo un contrato ordinario”.

O alto tribunal galego constatou que, efectivamente, a situación desa traballadora incumpría os requisitos recolleitos no R.D. 592/2014 sobre a regulación dos contratos en prácticas de estudantes universitarios. Por iso desestimou o recurso, nunha resolución do pasado 2 de abril, contra a que cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

FOANPAS volve denunciar o atraso nas bolsas municipais de comedor: “É insustentable, cada ano igual”

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, denunciou este martes, de novo, os atrasos na tramitación...

Comezan as obras no Barrio do Cura en Vigo onde se construirán 264 vivendas, o 30% de protección oficial

As obras do Barrio do Cura de Vigo comezaron este martes, supondo así o...

Abel Caballero reclama á Deputación de Pontevedra asinar o convenio de colaboración anual de 5 millóns

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou á Deputación de Pontevedra a firma do...

Unha afeccionada do Real Madrid denuncia unha agresión nas inmediacións de Balaídos antes do partido contra o Celta

Unha afeccionada do Real Madrid denunciou sufrir unha agresión nas inmediacións do Estadio Municipal de...