InicioCulturaO grupo británico UB40 actuará este verán no auditorio de Castrelos de...

O grupo británico UB40 actuará este verán no auditorio de Castrelos de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo británico UB40 actuará este verán no auditorio de Castrelos de Vigo, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio difundido aos medios de comunicación. Desta maneira, a banda inglesa únese ao cártel das Festas de Vigo que organiza cada verán o Concello cun concerto o 7 de agosto.

O rexedor indicou que se trata de “un dos grandes grupos da historia do reggae“, que conta xa con 45 anos de traxectoria, lembrando a gran fama que tiveron nos anos 80 e 90 do século pasado.

UB40 súmase a outros concertos xa anunciados en Castrelos, como o de Dani Fernández o 13 de xullo; o de Sen Senra o 25 de xullo; o de Víctor Manuel o 14 de agosto e o de Melendi o 17 dese mesmo mes.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...