InicioSociedadeO Concello aproba este martes o convenio con promotores do Barrio do...

O Concello aproba este martes o convenio con promotores do Barrio do Cura

Para construír de forma unitaria a vivenda libre e a sometida a algún tipo de protección.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo aprobará este martes de forma definitiva o convenio que compromete á promotora do Barrio do Cura a construír de forma unitaria a vivenda libre e a sometida a algún tipo de protección.

Nun audio gravado e remitido aos medios de comunicación, o alcalde, Abel Caballero, explicou que o Concello venderá á promotora o 10% do aproveitamento municipal do chan, valorado en máis de 758.000 euros, co obxectivo de garantir a construción de vivenda social para venda ou aluguer.

O convenio recoñece o dereito de reacollo das persoas ás que se lles expropiou a vivenda para a construción destes edificios. Tamén establece que a administración local ten dereito preferente de compra dos pisos de protección se a promotora opta por alugalos.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...