InicioEconomíaReunión de axentes sociais da eurorrexión en Vigo para preparar o Estatuto...

Reunión de axentes sociais da eurorrexión en Vigo para preparar o Estatuto do Traballador Transfronteirizo

Neste grupo de traballo preténdese deseñar o Estatuto e propor solucións para chegar a un mercado laboral máis eficiente e cohesionado

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da Xunta reuníronse este martes na sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal con axentes sociais e económicos desta área para avanzar na redacción do chamado Estatuto do Traballador Transfronteirizo, coa idea de entregar o documento aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cume Ibérico, que está prevista para outubro.

Na reunión participaron o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; representantes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración; representantes do Instituto do Emprego e Formaçao Profissional; I.P. Delegaçao Rexional do Norte; do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, o Eures Transfronteirizo; da CEG e da AECT da eurorrexión.

Neste grupo de traballo preténdese deseñar o Estatuto e propor solucións para chegar a un mercado laboral máis eficiente e cohesionado. Este documento afectará a uns 15.000 cidadáns que cruzan diariamente a fronteira en ambos os sentidos para traballar.

No concreto, os obxectivos do Estatuto son facilitar a circulación e o exercicio dos dereitos dos traballadores que residan ou traballen en territorios fronteirizos de Galicia e o Norte de Portugal.

A Xunta considera que este documento debe establecer unha definición común e consensuada da figura do trbajador transfronteirizo, que sexa a única válida en termos laborais, de fiscalidade e de seguridade social, e delimitar o seu ámbito de aplicación, así como a relación laboral entre traballador e empresario.

O Estatuto debe contemplar tamén cuestións relativas a dereito laboral e condicións de traballo, fiscalidade, Seguridade Social, xubilación e prestacións, melloras sociais ou cuestións de organización e intercambio de información entre os organismos implicados.

En definitiva, recalcou a administración autonómica, trátase de elaborar unha “carta de dereitos e deberes” destes traballadores para evitar que estean en desvantaxe ou teñan dificultades con respecto aos traballadores que desempeñan o seu labor no seu país de residencia.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...