InicioSociedadeCondenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha...

Condenada a 2 anos e 4 meses de cárcere por estafa unha muller que cobraba fianzas de falsos alugueres en Vigo

Tamén condenou a outro acusado como cómplice nestes feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 2 anos e 4 meses de prisión a unha muller como autora dun delito continuado de estafa, por cobrar a varios prexudicados diversas cantidades en concepto de fianza por falsos alugueres de vivendas na cidade olívica.

Ademais, tamén condenou a outro acusado como cómplice nestes feitos. En ambos os casos o tribunal aplicou a circunstancia agravante de reincidencia, xa que os dous procesados teñen condenas previas por estafa.

Os feitos ocorreron a partir do ano 2020, cando a acusada acolleu a unha coñecida na súa casa durante o confinamento. Esa persoa tiña débedas de aluguer e a acusada ofreceuse a xestionarlle o aluguer doutra vivenda, para cuxa reserva lle cobrou 400 euros, aínda que a prexudicada nunca puido entrar nesoutro domicilio.

Igualmente, a acusada dedicábase a ofrecer pisos de aluguer en páxinas de Internet. Así, outra persoa prexudicada interesouse por alugar unha vivenda e entregoulle como fianza outros 400 euros, recibindo a cambio un xustificante co membrete dunha inmobiliaria, propiedade do segundo acusado. Esta persoa tampouco puido facer uso da vivenda, xa que a acusada non dispuña dela.

Unha terceira vítima entregou 250 euros como fianza por outro suposto aluguer, que ingresou nunha conta do acusado; noutra ocasión, o prexudicado ingresou á acusada 540 euros; finalmente, outra muller foi enganada e entregou á procesada 1.050 euros (a metade prestados por unha ONG).

A pesar de que, durante o xuízo, os acusados negaron os feitos e apuntáronse mutuamente, a Audiencia deu credibilidade ao relato das testemuñas, e condenounos a ambos.

Ademais das penas de prisión, o tribunal establece que os acusados deberán devolver aos prexudicados as cantidades que lles estafaron. A Fiscalía pedía inicialmente 6 e 4 anos de prisión, respectivamente.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...